venres, 28 de novembro de 2014

MARTES 3 DE DECEMBRO

Tanta paixón quen poderá detela!, unha das actividades estrela da Semana Bravú, coa que se está a conmemorar en Galicia o vixésimo aniversario do nacemento deste movemento musical galego na taberna de Viana (Chantada, Lugo) a noite de Santos de 1994.

xoves, 27 de novembro de 2014

mércores, 19 de novembro de 2014

CÁNTAMO EN GALEGO


A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza un encontro con Mónica de Nut dentro do proxecto Cántamo en Galego!, que desenvolve con Onda Cero. Neste encontro a xornalista de Onda Cero, Susana Pedreira, faralle unha entrevista á artista. Tamén haberá oportunidade para que o público que asista ao acto faga as súas preguntas á intérprete. Ao remate, Mónica porá en escea algún dos seus temas.





venres, 14 de novembro de 2014

CORES DO ATLÁNTICO


O venres 14, ás 19:30h na Biblioteca Central de Vigo e o mércores 19 na sede do Consello da Cultura Galega de Santiago de Compostela.



luns, 10 de novembro de 2014

TRADICIÓN ORAL



O vindeiro 26 de novembro ás 20:00h Carlos Yus presenta 
"Orella pendella: para xogar cos ditos infantís de sempre"
Esperámoste!

venres, 7 de novembro de 2014

SABOREANDO O OUTONO

O xoves 20 de novembro imos facer un roteiro pola cidade saboreando castañas. Sairemos da Praza da Ferrería ás 17:30h.

Apúntate na Conserxería do centro canto antes. 
As prazas son limitadas!

xoves, 23 de outubro de 2014

A NOSA LINGUA SABE A PAN



Que así mo pediron, que así mo mandaron,
que cante e que cante, na lingua que eu falo

Rosalía de Castro



Video

mércores, 15 de outubro de 2014

POESÍA NA ILLA DE SAN SIMÓN

Poemas internacionais coas súas traducións volverán invadir a Illa de San Simón en Redondela do 13 ao 18 de outubro dentro da terceira edición do Obradoiro Internacional de Traducción Poética 'Con barqueira e remador'.

Unha oportunidade única para achegar ao público galego a obra de escritores procedentes de diferentes puntos de Europa e Asia

Dous recitais poéticos, un o mércores 15 na Casa das Campás en Pontevedra e outro o venres 17 no Multiúsos da Xunqueira, en Redondela. 

martes, 7 de outubro de 2014

ACHÉGATE Á LECTURA EN GALEGO

Ata o próximo domingo 12 de outubro no Café Moderno de Pontevedra.
Por terceira edición consecutiva, a Asociación Galega de Editores organiza este outlet do libro galego con ofertas que afectan á maior parte dos 10.000 exemplares da feira.
Horario do Outlet: 
de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00

luns, 6 de outubro de 2014

CURTOCIRCUITO

Arrinca este luns O Festival Internacional de Curtametraxes "Curtocircuíto" de Santiago, que acolle a estrea mundial de 'L'autre silence' e 'Setembro'.

En total, proxectaranse máis de 120 filmes de tendencia actual no Teatro Principal e a Zona C, entre este luns e o 11 de outubro.

mércores, 1 de outubro de 2014

VIII PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL




Santiago González Lopo convencía por maioría ao xurado do oitavo Premio de Narrativa Breve Repsol pola súa habelencia á hora de dosificar a intriga na historia e a súa proposta “A diagonal dos tolos” resultaba gañadora dun premio no que a Refinería se compromete coa lingua e onde figuras emerxentes do panorama literario danse a coñecer.

martes, 30 de setembro de 2014

A FALA



BENVIDA

BENVIDA




Un curso máis o equipo de dinamización da lingua galega da EOI de Pontevedra dávos a benvida e agarda a vosa colaboración para, entre todos e todas, sermos quen de promover e divulgar a nosa lingua.

Este vai ser un ano cheo de novidades e sorpresas que esperamos que sexan do voso agrado.

Non esquezades que esta nova canle nace co fin de que toda a comunidade do centro participe neste espazo cos seus comentarios.

Agardamos e desexamos que vos comuniquedes connosco.

Equipo de dinamización da lingua galega