venres, 30 de outubro de 2015

GAÑADORES CONCURSO CABAZAS

Os gañadores do concurso de cabazas son:

Primeiro premio : cabaza nº 11, realizada por Francisco J. Varela Diéguez
Segundo Premio: cabaza nº3, realizada por Pilar Amoedo Rial 

Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!!!

SAMAÍN 2015

Este ano quixemos dar a coñecer as tradicións do Samaín a través dun concurso de cabazas e calacús.
O resultado foi abraiante. Esta claro que os alumnos da EOI  de Pontevedra son uns artistas!!
Grazas a todos por participar e polo marabilloso e orixinal traballo que fixestes.
Velaquí unha pequena mostra:


domingo, 18 de outubro de 2015

SAMAIN 2015 NA EOI DE PONTEVEDRA

Chega o día de Defuntos. En todas partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween.


Pero, ¡atención!, non é americano todo o que parece.

Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do SAMAÍN

A EOI de Pontevedra tamén se quere sumar a esta tradición organizando un concurso de cabazas. Le as bases e PARTICIPA!!

mércores, 14 de outubro de 2015

ESTA SEMANA AO CINE EN GALEGO!!

Nas mais importantes salas da provincia poderedes disfrutar dunha película feita en Galicia e rodada en galego :

A película é a adaptación da novela homónima do vigués Domingo Villar. O thriller está ambientado na ría de Vigo .
"A praia dos afogados", conta a investigación desenvolvida polo inspector Leo Caldas, ao que dá vida Carmelo Gómez, para descubrir ao responsable da morte dun mariñeiro, cuxo cadáver coas mans atadas é arrastrado pola marea ata a praia de Panxón.
No reparto figuran outros actores como Antonio Garrido, Celso Bugallo, Pedro Alonso, Fernando Morán e Deborah Bukushi.

E para ir facendo boca: https://vimeo.com/130748842


venres, 9 de outubro de 2015

CÁNTAMO EN GALEGO!

"Cántamo en Galego” é un espazo musical radiofónico no que cada luns, durante o programa Pontevedra na Onda, coñeceredes todas as novidades da produción musical en galego: discos, concertos, certames, festivais, eventos...

Na ligazón (minuto 45) podedes escoitar a emisión desta semana, o luns 5 de outubro, con novas de Mónica de Nut, Pablo Díaz, Ataque Escampe, Sés, Zamaramandi, Nao, Liviao de Marrao, Uxía e Narf, Arrhythmia...

Na axenda destacan:
    - sábado 10: concerto de Sés e Ataque Escampe na Festa do Marisco (O Grove)
                         concierto de Arrhythmia, nas Festas de San Froilán (Lugo)
    - domingo 11: concerto de Luar na Lubre, nas Festas de San Froilán (Lugo)
                           concerto de Treixadura, na Festa do Marisco (O Grove)
    - e os Premios Martín Códax da Música, os días 15, 16 e 17 de outubro en Santiago de Compostela

Moito máis! escoita o Cántamo!!

http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/audios-podcast/pontevedra-en-la-onda-05-10-2015_201510055612702e4beb28842b10b5b8.html

martes, 6 de outubro de 2015

CÁNTAMO EN GALEGO



Coñeces a música que se está facendo no noso país en galego? 
Podes atopar de todo un pouco jazz, blues, rock,.... Para que te vaias afacendo invitámoste a escoitar o programa de Onda Cero: Cántamo en galego!. A próxima semana entrevisa a Uxía e Narf, que veñen de presentar o seu primeiro disco conxunto: "Baladas da Galiza imaxinaria" e encontro no local de música de Pontevedra.

  
O proxecto de Uxía e Narf naceu do talento e da sensibilidade destes artistas que comezaron a colaborar ao cantar xuntos por primeira vez nunha xira por Chile, Arxentina e Uruguai. Foi entón cando descubriron que os seus xeitos de facer música, tan diferentes, harmonizaban na sinxeleza, no gusto pola experimentación e no espírito inquedo e viaxeiro.

Foi así como recrearon, man á man, algunhas das cancións fundamentais dos seus respectivos repertorios e outras novas que agora ven a luz nas ‘Baladas da Galiza imaxinaria’.
Aquí tedes unha mostra:  https://www.youtube.com/watch?v=kSlYx_dkVGA