xoves, 25 de febreiro de 2016

VII CERTAME DE MICRORRELATO DA EOI DE PONTEVEDRA



O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, convoca o VII Certame de Microrrelato en Galego “EOI de Pontevedra”.

DATA: martes 15 de marzo de 2016 ás 18:00h  (duración: 2 horas)
LUGAR: salón de actos da EOI de Pontevedra e, simultaneamente, nas sección do Valle Inclán, A Estrada e Lalín.
RELATOS: as persoas participantes deberán crear un texto literario de 150 palabras como máximo “in situ”, durante 2 h, a partir da “inspiración” que lles suxiran 3 palabras escollidas ao chou no momento de comezar a proba.
PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen (sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra).
PREMIOS:
1º premio: vale de 200€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
2º premio: vale de 150 € para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
3º premio: vale de 100€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
 Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar  dous accésits de ata 100 € cada un.
Bases do concurso


DESTA VEZ PODES SER TI...


V e VI Certame de microrrelato da EOI de Pontevedra

Gústache escribir? Tes boas ideas  pero nunca te animaches a plasmalas de forma creativa? Esta é a túa oportunidade. A EOI de Pontevedra en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presenta o VII Certame de Microrrelato.
Para ir abrindo boca aquí tes unha mostra dos premiados nos certames anteriores.

venres, 19 de febreiro de 2016

LINGUA DE NAMORAR


O domingo 28 de febreiro remata o prazo para participar no concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar, dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos. O seu obxectivo é animar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

O prazo para presentar as túas mensaxes está aberto ata o 28 de febreiro. A partir de aí, abrirase un novo prazo para as votacións, pois as mensaxes gañadoras escolleranse entre as 50 máis votadas.

Se tes entre 14 e 35 anos, consulta as bases de Lingua de namorar, rexístrate cubrindo o formulario de inscrición e anímate a participar. Repara nos premios que podes gañar:

Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • Primeiro premio. Smartphone ZTE, 16 GB
  • Segundo premio. Drone AIRIS con cámara de vídeo VGA, xiro 360º, iluminación LED
  • Terceiro premio. Torre de son Blutooth, 60 W RMS, Mp3
Categoría B (de 20 a 35 anos):
  • Primeiro premio. Cámara réflex Canon EOS 1200D, 18 Mpx
  • Segundo premio. Smartwatch SP Gold
  • Terceiro premio. Disco duro externo Toshiba 1 Tb

Máis información nas ligazóns ou nas páxinas da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: 

OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA


Obradoiro de creación literaria 
Escola de Escritores-as da AELG organiza o obradoiro de creación literaria O poema é un animal escondido, impartido polo escritor Carlos Negro e con Baldo Ramos como autor convidado.
Comezará o 27 de febreiro e terá unha duración de doce semanas, con cadansúa sesión de dúas horas (os sábados de 11 a 13 horas).
Está aberto o proceso de inscrición para as 25 prazas (maiores de 16 anos). A inscrición, en inscricions@pontevedra.eu, é de balde.

mércores, 17 de febreiro de 2016

VAI DE POESÍA: Luís Amado Carballo

A poesía está en hora boa este ano coa homenaxe do día das letras galegas ao poeta Manuel María.
Na EOI de Pontevedra queremos celebrar este ano de poetas cunha exposición sobre o pontevedrés Luís Amado Carballo.
Achégate á vida e obra deste autor coas 17 láminas que atoparás nas dúas plantas da escola. 




luns, 15 de febreiro de 2016

Resolución premios Xoan Manuel Pintos

O luns 15 de febreiro ás 12:30 horas fixéronse públicos os galardoados co premio Xoan Manuel Pintos, no que a EOI de Pontevedra participou como xurado.

O premiado na categoría de persoa/ entidade que destaca na promoción do galego nos dous últimos anos é: Luis Davila
O premiado na categoría de persoa/ entidade que destaca na promoción do galego de xeito continuado ao longo da súa traxectoria profesional é Migallas Teatro.

Graciñas polas vosas aportacións e estades convidados á entrega de premios o día 26 de febreiro ás 21 horas no pazo de Mugartegui.

Acta da concesión do premio