luns, 23 de abril de 2018

PREMIADOS EXPOSICIÓN O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS"

Despois de percorrer a exposición e contestar ás preguntas, xa temos aos gañadores/as do concurso. Parabéns e grazas a todos por ter participado

martes, 10 de abril de 2018

RESOLUCIÓN DO IX CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO EOI DE PONTEVEDRA

O xurado do IX Certame de Microrrelato en Galego EOI de Pontevedra resolveu conceder os seguintes premios:

1º premio de vale de 200 € ao relato "Quince gotas" de Beatriz Sola Ananín.
2º premio de vale de 150 € ao relato "Bágoas de San Lourenzo" de Eduardo Campos Coello
3º premio de vale de 100 € ao relato " A danza dos vagalumes" de Lourdes Justo Adán

A entrega de premios terá lugar o mércores 9 de maio ás 19:30 no Salón de Actos da EOI de Pontevedra nun acto conxunto no que homenaxearemos a Mª Victoria Moreno e agradeceremos a colaboración dos voluntarios da biblioteca.

Grazas a todos por terdes participado e parabéns ao gañadores!!

mércores, 4 de abril de 2018

CAMIÑADA CON MARÍA VICTORIA MORENO

O vindeiro venres 6 de abril o Concello de Pontevedra presentará a Camiñada con María Victoria Moreno, un percorrido creado por Fina Casalderrey e Ana Acuña que nos levará polos espazos vitais e creativos de María Victoria.
Para estrear esta nova camiñada que unirá lingua e cidade, o venres farese o percorrido guiado, de maneira excepcional, por Fina Casalderrey e por Roberto Rivas.

Se queres participar na estrea do percorrido podes anotarte no teléfono 986804300, extensión 7107, ou enviando un correo  normalizacionlinguistica@pontevedra.eu  indicando o teu nome completo, o número de persoas que vos anotades e un teléfono de contacto.

A camiñada pola cidade comezará ás 19.30 horas; sairemos desde a ponte da avenida de Vigo sobre a rúa Eduardo Pondal.

Se queres participar bule a anotarte, porque as prazas son limitadas