mércores, 11 de decembro de 2019

VISITA Á EXPOSICIÓN GALAICOS


Grazas á visita guiada no museo de Pontevedra conseguimos enterder os vínculos que, xa na prehistoria, o noso pobo estableceu con distintas civilizacións. Unha gran oportunidade para ampliar coñecementos e descubrir pequenas anéctodas dos nosos ancestros.

domingo, 8 de decembro de 2019

QUEREMOS GALEGO NA TV!


A Mesa pola Normalización Lingüística ven de iniciar unha campaña de recollida de apoios para reclamar á Xunta de Galicia o lexendado e dobraxe de filmes e series en galego en plataformas dixitais.
Esta campaña tamén conta coa colaboración da Asociación profisional de actores e actrices da dobraxe de Galiza (APRADOGA) e da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e interpretación (AGPTI).
Se estás interesado podes informarte e asinar o manifesto aquí

martes, 3 de decembro de 2019

VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN: "GALAICOS: UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS"

Esta interesantísima exposición pretende amosar como o noroeste da Península Ibérica–a actual Galicia–, a catro días de navegación de Cádiz e de Cardiff, se converteu a finais da Idade do Bronce nun territorio de confluencia cultural entre o mundo atlántico e o mediterráneo. A través dun selecto elenco de obxectos arqueolóxicos procedentes de diferentes museos de Galicia e de Asturias, ilustracións de gran calidade e impactantes fotografías, as persoas que visiten a mostra gozarán dun percorrido pola evolución que se produce en Galicia durante un longo período de 2000 anos, desde os momentos finais da Prehistoria ata a Antigüidade Tardía.  
As prazas son limitadas e serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición. Para anotarse cómpre dirixirse ao Departamento de Galego a través do enderezo electrónico seguinte: galego.eoipontevedra@gmail.com indicando o nome e os apelidos ou inscribirse na listaxe que hai na conserxaría. Data límite para a realizar inscrición:venres 6 de decembro ás 20.00 h

venres, 8 de novembro de 2019

Monólogos, humor e poesía con Lois Pérez


O xoves 14 de novembro ás 19 h o monologuista e poeta Lois
Pérez actuará no salón de actos da nosa EOI. Estades tod@s invitad@s.
Os monólogos están baseados no humor e na retranca, tamén algún na poesía e na
música. Un poema de Lois Pérez gañou o Certame aRi[t]mar Galiza e Portugal
2018, organizado pola EOI de Santiago, onde tamén foi galardonado na
sección de música Salvador Sobral (cantante portugués vencedor de
Eurovisión). 

xoves, 3 de outubro de 2019

BENVIDA AO CURSO 2019-2020

Como todos os anos o equipo de dinamización da lingua galega dávos a benvida a este novo curso escolar e agarda que participedes activamente das actividades que vos imos ir propoñendo.
Estariamos encantados de que vos animásedes a ser parte do noso equipo coas vosas suxestións e recomendacións.
Non o penses máis e contacta connosco: edlg.eoipontevedra@gmail.com!

luns, 3 de xuño de 2019

FESTIVAL DA LINGUA

Moitas grazas a todos/as as que participastes nesta festa e sobre todo por todo o bo traballo realizado este curso.

 

xoves, 2 de maio de 2019

FESTIVAL DA LINGUA

 O día 9 de maio ás 19:30 celebraremos o festival da lingua onde ademais de ver unha mostra dos proxectos realizados este curso por parte do noso alumnado coñeceremos aos gañadores/ gañadoras do X certame de microrrelato en galego.


luns, 1 de abril de 2019

X CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO "EOI DE PONTEVEDRA"

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, convoca o X Certame de Microrrelato en Galego “EOI de Pontevedra”.


DATA: mércores 10 de abril de 2019 ás 19:30h (duración: 2 horas)
LUGAR: salón de actos da EOI de Pontevedra e, simultaneamente, nas sección do Valle Inclán, A Estrada e Lalín.
RELATOS: as persoas participantes deberán crear un texto literario de 150 palabras como máximo “in situ”, durante 2 h, a partir da “inspiración” que lles suxiran 3 palabras escollidas no momento de comezar a proba.
PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen (sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra).
PREMIOS:
1º premio: vale de 200€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
2º premio: vale de 150 € para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
3º premio: vale de 100€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar dous accésits de 50€ cada un.
CONSULTA AQUÍ AS BASES DO CONCURSO

LEDICIA COSTAS NA EOI DE PONTEVEDRA

Ledicia Costas engaiolounos coa súa simpatía e cercanía. Aprendemos moito sobre o que significa ser unha escritora en lingua galega.
Grazas ao noso alumnado que leu fragmentos da súa obra á algunha das moitas linguas ás que ten traducidos os seus libros.

xoves, 21 de marzo de 2019

LEDICIA COSTAS NA EOI DE PONTEVEDRA

O vindeiro mércores 27 de marzo ás 19h teremos un encontro coa escritora galega Ledicia Costas, premio nacional de literatura, e cuxa obra está traducida a 7 idiomas polo de agora, pero nos vindeiros meses serán máis. 

Invitámosvos a acudir cos vosos amig@s ou familiares, pois é unha figura literaria a nivel internacional.

domingo, 3 de marzo de 2019

O ENTROIDO TRADICIONAL EN GALIZA E EUROPA

A charla co antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro deixou a todos/as os/as asistentes encantados/as e con ganas de máis. Aprendemos unha chea de cousas non só do noso Entroido senón de todos o que nos une con distintos países europeos.
Moitas grazas pola vosa colaboración

 

DÁLLE Á LINGUA

Un ano máis alumnas de galego e portugués da Escola colaboran coa emisora de radio Onda Cero Pontevedra. 
Queremos felicitar a todos polo ben que o fixeron e a lección que dan de cariño e respecto  pola lingua galega.
Moitas grazas a:
  • Ana Suárez de Almería
  • Clara Bueno de Toledo
  • Rut Gómez de Pamplona
  • Rocío ,galego- brasileira.
  • Mayte Montenegro, marinense que pasou moitos anos en Madrid
Podedes acceder ás gravacións e descargalas AQUÍ






luns, 18 de febreiro de 2019

O ENTROIDO TRADICIONAL EN GALICIA E EUROPA

O próximo xoves 21 de febreiro ás 19:00 no salón de actos da escola teremos ocasión de asistir a unha interesantísima charla sobre o Entroido tradicional galego e europeo. Nesta, o antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro descubriranos os significados reais de todas as tradicións asociadas a esta festividade e fará un percorrido polas tradicións populares dos diferentes países europeos cuxas linguas estudamos na escola.

BUDIÑO NA EOI DE PONTEVEDRA

O gaiteiro Budiño sorprendeu a todos presentando a súa nova faceta como cantante.
Moitas grazas a todos por ter asistido.
Se non poideches acudir aquí tes o podcast coa entrevista íntegra.



mércores, 6 de febreiro de 2019

CÁNTAMO EN GALEGO! ...XOSÉ MANUEL BUDIÑO

Tes adiviñado o personaxe tras as pistas? Susana Pedreira, de Onda Cero, entrevistará a Xosé Manuel Budiño o vindeiro 6 de febreiro ás 17 na escola. Estades todos convidados!

CÁNTAMO EN GALEGO!

Adiviña que artista será entrevistado pola xornalista de Onda Cero, Susana Pedreira, o vindeiro 6 de febreiro ás 17.00 h na Escola. Sigue as pistas que deixamos na entrada da Escola...