Compartímosvos a publicación dos relatos gañadores do curso anterior e deste para que gocedes da súa lectura. Tamén atopareces copias físicas pola escola, que podedes levar se o desexades.
Equipo Dinamización Lingua Galega EOI Pontevedra
venres, 23 de maio de 2025
sábado, 17 de maio de 2025
LETRAS GALEGAS 2025 - PREMIADAS E OUTRAS ACTIVIDADES
Feliz Día das Letras Galegas!
Unha vez realizado o sorteo entre os participantes no cuestionario sobre as cantareiras e a poesía oral tradicional, temos gañadoras:
Para aprender máis sobre as cantareiras, recomendámosvos a miniserie documental da RAG "Se canto é porque quero". Podedes acceder a ela a través desta ligazón.
Por último, en Pontevedra, maio é o "mes da lingua". Os concello organiza unha manchea de actividades para celebralo, entre elas varias en torno á figura de Castelao, con motivo do Ano Castelao.
Atoparedes información sobre as actividades do concello aquí. Tamén teremos a Castelao proximamente nos cines:
Agradecementos desde o equipo do EDLG por terdes participado nas actividades deste ano. O curso que vén, volveremos con enerxías renovadas!
mércores, 7 de maio de 2025
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025
Co Día das Letras Galegas ao virar a esquina, convidámoste a visitar a exposición sobre as cantareiras e a poesía popular oral. Ademais, por cubrir o cuestionario correctamente entrarás no sorteo de 2 vales de 30€ para unha librería local.
Os carteis tamén se poden ver na seguinte ligazón.
luns, 5 de maio de 2025
GAÑADORES DO XV CERTAME DE MICRORRELATO
Xa temos os gañadores do XV Certame de Microrrelato. Parabéns!
Aquí vos deixamos os seus relatos.venres, 2 de maio de 2025
VISITA GUIADA Á SALA CASTELAO DO MUSEO DE PONTEVEDRA
O Departamento de Galego organizou unha visita guiada, aberta a todo o alumnado, á sala Castelao o pasado 30 de abril.
venres, 4 de abril de 2025
XV CERTAME DE MICRORRELATO
Tes unha cita connosco o vindeiro martes, 8 de abril. Podes participar no Certame de Microrrelato tanto na nosa sede central coma nas seccións. Apetéceche un reto? Consulta as bases:
OBRADOIRO SOBRE ORALIDADE CON PAULA CARBALLEIRA
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)