xoves, 23 de outubro de 2014

A NOSA LINGUA SABE A PAN



Que así mo pediron, que así mo mandaron,
que cante e que cante, na lingua que eu falo

Rosalía de Castro



Video

mércores, 15 de outubro de 2014

POESÍA NA ILLA DE SAN SIMÓN

Poemas internacionais coas súas traducións volverán invadir a Illa de San Simón en Redondela do 13 ao 18 de outubro dentro da terceira edición do Obradoiro Internacional de Traducción Poética 'Con barqueira e remador'.

Unha oportunidade única para achegar ao público galego a obra de escritores procedentes de diferentes puntos de Europa e Asia

Dous recitais poéticos, un o mércores 15 na Casa das Campás en Pontevedra e outro o venres 17 no Multiúsos da Xunqueira, en Redondela. 

martes, 7 de outubro de 2014

ACHÉGATE Á LECTURA EN GALEGO

Ata o próximo domingo 12 de outubro no Café Moderno de Pontevedra.
Por terceira edición consecutiva, a Asociación Galega de Editores organiza este outlet do libro galego con ofertas que afectan á maior parte dos 10.000 exemplares da feira.
Horario do Outlet: 
de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00

luns, 6 de outubro de 2014

CURTOCIRCUITO

Arrinca este luns O Festival Internacional de Curtametraxes "Curtocircuíto" de Santiago, que acolle a estrea mundial de 'L'autre silence' e 'Setembro'.

En total, proxectaranse máis de 120 filmes de tendencia actual no Teatro Principal e a Zona C, entre este luns e o 11 de outubro.

mércores, 1 de outubro de 2014

VIII PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL




Santiago González Lopo convencía por maioría ao xurado do oitavo Premio de Narrativa Breve Repsol pola súa habelencia á hora de dosificar a intriga na historia e a súa proposta “A diagonal dos tolos” resultaba gañadora dun premio no que a Refinería se compromete coa lingua e onde figuras emerxentes do panorama literario danse a coñecer.