martes, 1 de decembro de 2015

OS ALUMNOS DA EOI NAS ONDAS!!

Hoxe visitounos Lorena, de Onda Cero , e gravamos a algúns dos alumnos que poderemos escoitar en vindeiras semanas en directo na programación matinal de Onda Cero Pontevedra.
Alumnos de portugúes e galego e o auxiliar de conversa de francés da EOI, que demostraron que son unhas verdadeiras estrelas dos medios. Sen esquecer a Carlos, "o entrevistador".

De contadiño subiremos un vídeo coas súas achegas, que, como comprobaredes, son realmente enriquecedoras e divertidas. Aí vai un adianto:

domingo, 29 de novembro de 2015

DALLE A LINGUA!!



Dalle a lingua é un programa de Onda Cero Pontevedra que se emite en torno ás 11:50 horas de luns a venres co patrocinio de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra.

O próximo martes 1 de decembro un grupo de alumnos de galego e portugués gravarán un programa onde falarán da súa experiencia na EOI de Pontevedra e a súa relación co galego.


domingo, 22 de novembro de 2015

ROTEIRO SARMIENTO

Por fin chegou o día e os alumnos da EOI acompañados por un guía aprendimos un pouco mais sobre a Pontevedra medieval e como a figura de Frei Martín Sarmiento influíu na súa historia.
Grazas a todos polo voso interese.

sábado, 14 de novembro de 2015

OS IMPRESCINDIBLES

 Acabamos de engadir enlaces que nos parecen imprescindibles para estar ao tanto das novas relacionada coa cultura e lingua en galego sobre todo na  área de Pontevedra.
Non podía faltar a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, A Mesa pola normalización lingüística e o Facebook de Política Lingüística.
Mais relacionado coa lingua estaría o Diccionario da RAG e o Portal da Lingua, que ofrece recursos e ferramentas moi útiles para aprender a ser correctos no uso do noso idioma.
Desfrutade e agardamos a vosas suxestións para completar a nosa lista de "OS IMPRESCINDIBLES"

mércores, 4 de novembro de 2015

ESTE OUTONO: CULTURA E CASTAÑAS


Apetéceche percorrer as rúas de Pontevedra desde outro punto de vista?
Anímate a realizar o Roteiro Sarmiento connosco. O XOVES 19 ÁS 17:30 esperámoste na Praza de Méndez Núñez. Pero non te esquezas de apuntarte antes na conserxería da escola.

venres, 30 de outubro de 2015

GAÑADORES CONCURSO CABAZAS

Os gañadores do concurso de cabazas son:

Primeiro premio : cabaza nº 11, realizada por Francisco J. Varela Diéguez
Segundo Premio: cabaza nº3, realizada por Pilar Amoedo Rial 

Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!!!

SAMAÍN 2015

Este ano quixemos dar a coñecer as tradicións do Samaín a través dun concurso de cabazas e calacús.
O resultado foi abraiante. Esta claro que os alumnos da EOI  de Pontevedra son uns artistas!!
Grazas a todos por participar e polo marabilloso e orixinal traballo que fixestes.
Velaquí unha pequena mostra:


domingo, 18 de outubro de 2015

SAMAIN 2015 NA EOI DE PONTEVEDRA

Chega o día de Defuntos. En todas partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween.


Pero, ¡atención!, non é americano todo o que parece.

Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do SAMAÍN

A EOI de Pontevedra tamén se quere sumar a esta tradición organizando un concurso de cabazas. Le as bases e PARTICIPA!!

mércores, 14 de outubro de 2015

ESTA SEMANA AO CINE EN GALEGO!!

Nas mais importantes salas da provincia poderedes disfrutar dunha película feita en Galicia e rodada en galego :

A película é a adaptación da novela homónima do vigués Domingo Villar. O thriller está ambientado na ría de Vigo .
"A praia dos afogados", conta a investigación desenvolvida polo inspector Leo Caldas, ao que dá vida Carmelo Gómez, para descubrir ao responsable da morte dun mariñeiro, cuxo cadáver coas mans atadas é arrastrado pola marea ata a praia de Panxón.
No reparto figuran outros actores como Antonio Garrido, Celso Bugallo, Pedro Alonso, Fernando Morán e Deborah Bukushi.

E para ir facendo boca: https://vimeo.com/130748842


venres, 9 de outubro de 2015

CÁNTAMO EN GALEGO!

"Cántamo en Galego” é un espazo musical radiofónico no que cada luns, durante o programa Pontevedra na Onda, coñeceredes todas as novidades da produción musical en galego: discos, concertos, certames, festivais, eventos...

Na ligazón (minuto 45) podedes escoitar a emisión desta semana, o luns 5 de outubro, con novas de Mónica de Nut, Pablo Díaz, Ataque Escampe, Sés, Zamaramandi, Nao, Liviao de Marrao, Uxía e Narf, Arrhythmia...

Na axenda destacan:
    - sábado 10: concerto de Sés e Ataque Escampe na Festa do Marisco (O Grove)
                         concierto de Arrhythmia, nas Festas de San Froilán (Lugo)
    - domingo 11: concerto de Luar na Lubre, nas Festas de San Froilán (Lugo)
                           concerto de Treixadura, na Festa do Marisco (O Grove)
    - e os Premios Martín Códax da Música, os días 15, 16 e 17 de outubro en Santiago de Compostela

Moito máis! escoita o Cántamo!!

http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/audios-podcast/pontevedra-en-la-onda-05-10-2015_201510055612702e4beb28842b10b5b8.html

martes, 6 de outubro de 2015

CÁNTAMO EN GALEGO



Coñeces a música que se está facendo no noso país en galego? 
Podes atopar de todo un pouco jazz, blues, rock,.... Para que te vaias afacendo invitámoste a escoitar o programa de Onda Cero: Cántamo en galego!. A próxima semana entrevisa a Uxía e Narf, que veñen de presentar o seu primeiro disco conxunto: "Baladas da Galiza imaxinaria" e encontro no local de música de Pontevedra.

  
O proxecto de Uxía e Narf naceu do talento e da sensibilidade destes artistas que comezaron a colaborar ao cantar xuntos por primeira vez nunha xira por Chile, Arxentina e Uruguai. Foi entón cando descubriron que os seus xeitos de facer música, tan diferentes, harmonizaban na sinxeleza, no gusto pola experimentación e no espírito inquedo e viaxeiro.

Foi así como recrearon, man á man, algunhas das cancións fundamentais dos seus respectivos repertorios e outras novas que agora ven a luz nas ‘Baladas da Galiza imaxinaria’.
Aquí tedes unha mostra:  https://www.youtube.com/watch?v=kSlYx_dkVGA

martes, 22 de setembro de 2015

BENVIDOS AO CURSO 2015/2016

Comenza un novo curso e, coma sempre,  o EDLG  conta contigo para que participes, colabores, suxiras. O noso obxectivo é dinamizar cultural e lingüísticamente a escola usando o galego como  nexo que nos axude a coñecer as outras linguas e culturas que se imparten na escola.
PROBA EN GALEGO!!

xoves, 7 de maio de 2015

AS ALTAS PRESIÓNS

Estrea mundial no Festival Internacional de Cinema de Busan (Corea do Sur), Premio á Mellor Película na Sección ‘Nuevas Olas’ no Festival de Cinema Europeo de Sevilla e vista na 28ª edición de Cineuropa Compostela, chega por fin a salas a esperada película de Ángel Santos: As Altas Presións. Filme que comeza co retorno ao pobo natal (Pontevedra) dun rapaz que emigrara a Madrid para traballar no mundiño do cine.

mércores, 8 de abril de 2015

DOCUMENTAL


Proxección do documental Afranio, protagonizado por Luis Tosar, o mércores 15 de abril ás 18:30h no Salón de Actos da EOI de Pontevedra.

martes, 17 de marzo de 2015

xoves, 22 de xaneiro de 2015

ROSALÍA NUN CONCERTO DO CORO DA BBC EN LONDRES

O coro da radio pública británica interpretou na igrexa de Saint Paul en Knightsbridge unha obra do compositor Daniel Saleeb, cuxa letra incorpora os versos do poema “As de cantar”, de ‘Cantares gallegos’.

venres, 16 de xaneiro de 2015

PRESENZA GALEGA


As quince nominacións que acumula El niño, producida pola empresa galega Vaca Films supoñen o groso da presenza do noso audiovisual nos Premios Goya. A Academia da Artes e das Ciencias Cinematográficas de España daba a coñecer a lista de finalistas para se facer con estes galardóns que se entregarán o vindeiro 7 de febreiro. 
O filme Daniel Monzón tamén achega as nominacións galegas de Nerea Barros a Actriz Revelación e de Raquel Fidalgo na categoría de maquillaxe e perruquería. Pola súa banda, Javier Gutiérrez optará ao premio ao mellor actor protagonista por La Isla Mínima, mentres A Esmorga compite polo mellor guión adaptado e Sangre de Unicornio, de Alberto Vázquez na categoría de mellor curta de animación. Tamén La tropa de trapo en la selva del arcoiris opta ao premio como mellor longametraxe de animación.

luns, 12 de xaneiro de 2015

OBRADOIRO EN PONTEVEDRA


A Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación de escritores en lingua galega organizan dende este sábado, 17 de xaneiro, un Obradoiro de creación literaria para todas aquelas persoas interesadas en coller soltura e poder enfrontarse aos textos.

A inscrición é de balde e os interesados poderán facelo até o día anterior do inicio do obradoiro. 
inscricions@pontevedra.eu