xoves, 15 de decembro de 2016

ESTE NADAL AGASALLA EN GALEGO!!


Vén de nacer un novo xornal en papel, dirixido especialmente
 a nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Chámase 
O Papagaio, ten periodicidade mensual (dez números ao ano,
 descansando no verán), 12 páxinas a toda cor e publícase 
integramente en galego.
Está impulsado por Edicións moito conto, inclúe temas de 
actualidade e empresta unha atención especial á ciencia, 
tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e
 banda deseñada. O primeiro número xa está dispoñible 
na rede e ofrécese a posibilidade de subscribirse de xeito anual.

Revista dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel
 Pereiro.  Actualidade, opinión, cultura e un grafismo 
 moi coidado para unha revista que se vén editando
 desde o 2013.  Tamén subscripción online

Xornal dixital, con periodicidade diaria, que abranga 
diferentes áreas, como poden ser a cultura e deportes, 
economía e lecer, política e opinións. Podes contribuír
 a que se siga editando un xornal en galego participando cunha
doazón á Fundación Praza Pública
Diario dixital de Galicia. Noticias sobre política, deportes,
 economía, consumo, comunicación, opinión, etc.
 Xornalismo riguroso, independente e sutentable.
Podes acceder a reportaxes de investigación
 co GC plus ou doazóns periódicas




CÓDIGO CERO.
Diario sobre novas tecnolóxicas de Galicia.
 É unha publicación en galego  sobre TIC nacida en 2001.
 Podes subscribirte a un boletín.

Xornal en galego pertencente ao grupo El Correo
Gallego. Información, política e actualidade.
Maís información en Galiciahoxe.com

luns, 7 de novembro de 2016

ROTEIRO CASTELAO

O vindeiro xoves 1 de decembro ás 17:30 quedaremos na praza da Ferraría para realizar o roteiro Castelao cun guía do Concello de Pontevedra.


E para que a camiñata se faga máis levadeira o Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Pontevedra convídate a unhas castañas asadas.

Non esperes máis e apúntate na conserxería da Escola.


O itinerario deste roteiro abrangue non só parte da zona vella pontevedresa senón tamén algunhas das rúas que configuraban a vila de principios do século XX. Esta actividade é ademais un percorrido pola etapa vital do autor rianxeiro na que estivo intimamente vinculado coa cidade. O itinerario inclúe as visitas á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao interior do edificio modernista do antigo Café Moderno.

O percorrido é o seguinte: comezo na praza da Ferraría, rúa da Pasantería, rúa Sarmiento, rúa de don Gonzalo, praza de Curros Enríquez, rúa de Manuel Quiroga, rúa da Princesa, praza das Cinco Rúas, rúa de Paio Gómez Chariño, rúa de Dona Tareixa, praza de España, avenida de Montero Ríos, xardíns de Colón, rúa da Oliva e praza da Ferraría.

CITAS ARREDOR DA LINGUA PARA NOVEMBRO


Do 7 ao 11 de novembro: conferencias micolóxicas de Pontevedra, da asociación Brincabois.
Ás 20.30 horas, no Casino Mercantil, praza de Curros Enríquez.
No cartel adxunto pódense ver o resto de actividades micolóxicas que Brincabois desenvolve durante o outono.


Martes, 8 de novembro ás 20 h na Casa das Campás:
Conferencia de Montse Fajardo: “A represión sobre as mulleres despois do golpe de Estado do 36”
Presenta: Ana Acuña. Esta conferencia insírese na programación de Novembro, Mes da Memoria Histórica en Pontevedra que, entre outras actividades, tamén abrangue:


A exposición ‘Do gris ao violeta’ continúa a súa andaina polo concello de Pontevedra e
- dende o luns 7 ata o día 21 de novembro poderá visitarse na Facultade de Ciencias da Educación. A mostra completarase cunha conferencia sobre a represión que sufriron as mulleres, que terá lugar o 28 de novembro ás 19.00 horas.
- Entre o martes 22 e o venres 2 de decembro a exposición estará na Casa Verde de Salcedo, onde tamén haberá un ‘Encontro coa memoria’ no que se falará sobre mulleres represaliadas, resistentes e solidarias desta parroquia. Será o martes 29 de novembro ás 20.00 horas.
- Entre o sábado 3 e o venres 16 de decembro o Centro Social Sur acollerá esta mostra.


- Sábado 12 e o domingo 20 de novembro
Meu Pontevedra. Castelao en Salcedo
Un percorrido de 4 km polo patrimonio de Salcedo lembrado por Castelao no seu escrito Meu PontevedraSerá un paseo guiado polo antropólogo Rafa Quintía e teatralizado coa colaboración do grupo de teatro Escuadra17.
As andainas terán lugar o sábado 12 e o domingo 20 de novembro de 2016. A saída será ás 10.30 horas dende a praza de Galicia en Pontevedra. A visita é libre, gratuíta e sen preinscrición.
Enviamos o convite en pdf de Citania, a asociación veciñal Salcedo Norte e a Deputación de PontevedraMáis información: http://www.facebook.com/events/1705320256461476/


Xa están á venda as entradas para LGx15. Ideas para o futuro da lingua.
Hai descontos para grupos de alumnado de ensino secundario
O vindeiro 24 de novembro terá lugar unha nova edición de LGx15. Ideas para o futuro da lingua, evento que organiza a CTNL para compilar e difundir experiencias, opinións e propostas para influír positivamente no futuro do noso idioma. Desta vez haberá oito presentacións que transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para incidir nas actitudes e na conciencia lingüística. Haberá ademais humor e música, é dicir, consistirá nun evento pensado para o entusiasmo, a diversión, a reflexión e o futuro do galego.

En LGx15 intervirán Alberte Lamazares (labrego, que propón tratar un dos principais usos da lingua: falar), Belén Regueira (comunicadora, convertida ese día en conselleira para neofalantes), Elena Ferro (zoqueira, quen falará sobre a necesidade de defender o noso), Diana Fernández e David Díaz (responsables do blog Bolboretas no bandullo, que mesturarán ingredientes culinarios e lingüísticos), Marcus Fernández (webmáster de Código Cero, que falará das TIC en galego), María Yáñez (costureira de Internet, que demostrará que hai vida despois do Xabarín coa primavera millenial), Mark Wiersma (músico, viaxará até o ano 2050 coa lingua e o son) e Rosalía Fernández Rial (profesora e poeta, que aclarará como a nosa lingua é latente de todas as demais). E haberá tamén nesta nova edición música en directo, humor e improvisación, coa actuación do grupoPoetarras e os regueifeiros Josiño da Teixeira e Luís o Caruncho como condutores do acto.

LGx15, Ideas para o futuro da lingua terá lugar o xoves 24 de novembro, ás 18.00 h, na Sala Capitol de Santiago de Compostela. As entradas para o evento xa están á venda ao prezo de 6 euros (na rede en www.salacapitol.com, e fisicamente nos próximos días na Tenda A Reixa, agora situada no número 46 da compostelá rúa do Hórreo). O día do evento custarán 10 € na billeteira.
Se es profe de ESO ou bacharelato, consulta as condicións especiais para grupos: http://www.ctnl.gal/web/notic.php?ide=1267&desc=volve_lgx15._ideas_para_o_futuro_da_lingua!&show=1&comentario=true 

A primeira edición do LGx15 tivo lugar en novembro do pasado ano, e nela participaran Luís Iglesia, Xurxo Mariño, Lara Tigre, Manuel N. Singala, Carmen Grimaldi e Xosé Lois Vilar, ademais das actuacións de AldaoLado, Alba María e Xenderal. Desde esta ligazón accédese aos vídeos do ano pasado, pois unha parte fundamental deste proxecto é tamén a difusión desas ideas a través da rede.
Organiza: 
CTNL

xoves, 27 de outubro de 2016

GAÑADORES CONCURSO DE CABAZAS SAMAÍN 2016

Os gañadores do concurso de cabazas do 2016 son:

1º premio (Vale 50 €): Cabaza nº1 de Axel Vásquez Olivares
2º premio (Vale 25€): Cabaza nº 4 de Mª Luisa Lázaro Gómez

Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos por terdes participado e polos bos traballos presentados.


CONCURSO DE CABAZAS SAMAÍN 2016

martes, 20 de setembro de 2016

BENVIDOS AO CURSO 2016-2017

Comenza un novo curso e, coma sempre,  o EDLG  conta contigo para que participes, colabores, suxiras. O noso obxectivo é dinamizar cultural e lingüísticamente a escola usando o galego como nexo que nos axude a coñecer as outras linguas e culturas que se imparten na escola.

PROBA EN GALEGO!!




martes, 31 de maio de 2016

PREMIADOS CUESTIONARIO EXPOSICIÓN MANUEL MARÍA

Parabéns aos alumnos e alumnas de francés, inglés, italiano e galego que cubriron corectamente o cuestionario sobre a vida e obra de Manuel María baseado na exposición da Escola.
Aquí temos unha pequena mostra  recollendo o seu agasallo.
Grazas por participar!!

sábado, 21 de maio de 2016

FESTIVAL DA LINGUA 2016

O mércores 18 de maio estivemos a celebrar un acto para homenaxear a Manuel María e cargar as baterías antes dos exames. Houbo un pouco de todo, lectura de poemas (en galego e en inglés), cancións e guitarra, premios para os relatos do VII certame de microrrelato en galego da EOI e un especial recoñecemento para os voluntarios da biblioteca.
Grazas por terdes participado!!

domingo, 8 de maio de 2016

FESTIVAL DA LINGUA 2016

A EOI de Pontevedra convídavos a participar no Festival da Lingua o vindeiro 18 de maio ás 20.00 horas no Salón de Actos. Homenaxea as Letras Galegas connosco nun acto repleto de poesía, música  e premios!!

LETRAS GALEGAS 2016 ONDA CERO

Alumnado da EOI de Pontevedra participou na lectura radiada de textos dalgúns autores homenaxeados no Día Das Letras Galegas en anos anteriores. As emisións poderanse escoitar ao longo desta semana e ata o día 17 en Onda Cero Radio. Moitas grazas a todos/as!!


mércores, 4 de maio de 2016

LECTURAS HOMENAXEADOS LETRAS GALEGAS EN ONDA CERO!

O xoves ás 17:00 h. o alumnado que se presentou voluntario para ler fragmentos de autores homenaxeados no día das letras galegas gravará as súas lecturas na radio. Os xornalistas de Onda Cero Pontevedra virán a nosa escola para realizar as gravacións.
Graciñas

luns, 2 de maio de 2016

RESOLUCIÓN VII CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO EOI DE PONTEVEDRA

O xurado do VII Certame de Microrrelato en Galego EOI de Pontevedra resolveu deixar o concurso deserto.
Como agradecemento á participación e ao esforzo decidiu conceder os seguintes recoñecementos:

1 accésit de 50 € ao relato "O Cazador " de Sofía Romero Buceta
1 accésit de 50 € ao relato "A Fábrica da Luz" de Eduado Campos Coello

A entrega de premios terá lugar o mércores 18 de maio ás 20:00 no Salón de Actos da EOI de Pontevedra nun acto conxunto no que homenaxearemos a Manuel María e agradeceremos a colaboración dos voluntarios da biblioteca.

Grazas a todos por terdes participado!!!

xoves, 28 de abril de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

 Para saber máis sobre a figura de Manuel María propoñémosche a seguinte actividade: Lé os paneis informativos que atoparás na planta baixa da Escola, completa o cuestionario e deixa as túas respostas na urna. Non esquezas cubrir os teus datos. Haberá un sorteo con agasallos para os gañadores!!


luns, 25 de abril de 2016

AS LETRAS GALEGAS NA EOI DE PONTEVEDRA E EN ONDA CERO RADIO

Onda Cero  Pontevedra, en colaboración co Servizo de Normalización Linguística do Concello, está a preparar unhas emisións especiais para celebrar o días das letras galegas . Consistirán na lectura de distintos textos de todos os autores homenaxeados no día da letras galegas ata a data.

Dispós dun minuto? Tes un autor favorito? Contamos contigo!!

 Apúntate na lista que atoparás en conserxería  ou  preme en "gústame"no facebook da Escola. Data límite venres 29 de abril.
 Só os  primeiros conseguirán gravar as súas voces na radio!!

venres, 25 de marzo de 2016

DÁLLE Á LlNGUA

Alumnado de galego e portugués e os auxiliares de lingua de francés e inglés da EOI de Pontevedra participaron o pasado mes de decembro no programa de Onda Cero Dálle á Lingua!. 
As súas voces en galego, sexan con acento das Rías Baixas, francés, catalán, extremeño ou doutro lado do Atlántico, resultan ás veces emotivas, simpáticas outras. Todas enriquecedoras e de todas elas podemos sacar unha gran lección sobre a importancia de coidar e respectar este ben tan prezado: a nosa lingua.
Espero que gocedes tanto coma nós.



Moitas grazas aos que o fixestes posible:

Amelia Areán

Emilio Salgueiro

José Mª Fernández 

Jérémy Thomas 

Francisco López 

Jorge Pastor

Olga Rodríguez

Jesús Lafuente 

Jarret Mcdowell

María Pichel

xoves, 25 de febreiro de 2016

VII CERTAME DE MICRORRELATO DA EOI DE PONTEVEDRA



O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, convoca o VII Certame de Microrrelato en Galego “EOI de Pontevedra”.

DATA: martes 15 de marzo de 2016 ás 18:00h  (duración: 2 horas)
LUGAR: salón de actos da EOI de Pontevedra e, simultaneamente, nas sección do Valle Inclán, A Estrada e Lalín.
RELATOS: as persoas participantes deberán crear un texto literario de 150 palabras como máximo “in situ”, durante 2 h, a partir da “inspiración” que lles suxiran 3 palabras escollidas ao chou no momento de comezar a proba.
PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen (sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra).
PREMIOS:
1º premio: vale de 200€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
2º premio: vale de 150 € para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
3º premio: vale de 100€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
 Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar  dous accésits de ata 100 € cada un.
Bases do concurso


DESTA VEZ PODES SER TI...


V e VI Certame de microrrelato da EOI de Pontevedra

Gústache escribir? Tes boas ideas  pero nunca te animaches a plasmalas de forma creativa? Esta é a túa oportunidade. A EOI de Pontevedra en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presenta o VII Certame de Microrrelato.
Para ir abrindo boca aquí tes unha mostra dos premiados nos certames anteriores.

venres, 19 de febreiro de 2016

LINGUA DE NAMORAR


O domingo 28 de febreiro remata o prazo para participar no concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar, dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos. O seu obxectivo é animar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

O prazo para presentar as túas mensaxes está aberto ata o 28 de febreiro. A partir de aí, abrirase un novo prazo para as votacións, pois as mensaxes gañadoras escolleranse entre as 50 máis votadas.

Se tes entre 14 e 35 anos, consulta as bases de Lingua de namorar, rexístrate cubrindo o formulario de inscrición e anímate a participar. Repara nos premios que podes gañar:

Categoría A (de 14 a 19 anos):
  • Primeiro premio. Smartphone ZTE, 16 GB
  • Segundo premio. Drone AIRIS con cámara de vídeo VGA, xiro 360º, iluminación LED
  • Terceiro premio. Torre de son Blutooth, 60 W RMS, Mp3
Categoría B (de 20 a 35 anos):
  • Primeiro premio. Cámara réflex Canon EOS 1200D, 18 Mpx
  • Segundo premio. Smartwatch SP Gold
  • Terceiro premio. Disco duro externo Toshiba 1 Tb

Máis información nas ligazóns ou nas páxinas da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: 

OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA


Obradoiro de creación literaria 
Escola de Escritores-as da AELG organiza o obradoiro de creación literaria O poema é un animal escondido, impartido polo escritor Carlos Negro e con Baldo Ramos como autor convidado.
Comezará o 27 de febreiro e terá unha duración de doce semanas, con cadansúa sesión de dúas horas (os sábados de 11 a 13 horas).
Está aberto o proceso de inscrición para as 25 prazas (maiores de 16 anos). A inscrición, en inscricions@pontevedra.eu, é de balde.

mércores, 17 de febreiro de 2016

VAI DE POESÍA: Luís Amado Carballo

A poesía está en hora boa este ano coa homenaxe do día das letras galegas ao poeta Manuel María.
Na EOI de Pontevedra queremos celebrar este ano de poetas cunha exposición sobre o pontevedrés Luís Amado Carballo.
Achégate á vida e obra deste autor coas 17 láminas que atoparás nas dúas plantas da escola. 




luns, 15 de febreiro de 2016

Resolución premios Xoan Manuel Pintos

O luns 15 de febreiro ás 12:30 horas fixéronse públicos os galardoados co premio Xoan Manuel Pintos, no que a EOI de Pontevedra participou como xurado.

O premiado na categoría de persoa/ entidade que destaca na promoción do galego nos dous últimos anos é: Luis Davila
O premiado na categoría de persoa/ entidade que destaca na promoción do galego de xeito continuado ao longo da súa traxectoria profesional é Migallas Teatro.

Graciñas polas vosas aportacións e estades convidados á entrega de premios o día 26 de febreiro ás 21 horas no pazo de Mugartegui.

Acta da concesión do premio

domingo, 10 de xaneiro de 2016

PROBA EN GALEGO!


Estás a aprender unha nova lingua? Aínda que esteas empezando intenta comunicarte no novo idioma sempre que poidas. Pero cando sexa necesario traducir, o EDLG da escola ofréceche unha axudiña cunhas fichas de léxico que tés á tua disposición na marxe esquerda deste blog.