martes, 18 de decembro de 2018

CONCURSO DE SOBREMESAS

Este ano volvemos celebrar a chegada do Nadal co noso tradicional concurso de sobremesas. Non perdas a oportunidade de gañar unhas cestas ben xeitosas de produtos típicos destas festas. Consulta as BASES DO CONCURSO e participa!

No blog da biblioteca tes unha selección de receitas

Concurso de sobremesas de Nadal de Biblioteca EOI Pontevedra

martes, 13 de novembro de 2018

Lecturas de medo!

Celebra connosco o Samaín cunha selección de lecturas arrepiantes que toparás na exposición da biblioteca. 



Queres coñecer máis sobre esta celebración? Aquí tes un adianto.

martes, 15 de maio de 2018

xoves, 3 de maio de 2018

FESTIVAL DA LINGUA 2018

  • Homenaxe a María Victoria Moreno a cargo de alumnado de alemán, galego e inglés.
  • Entrega premios do IX Certame de microrrelato en galego.
  • Agradecemento aos voluntarios/as da biblioteca. 
  • Presentación do proxecto da biblioteca: Un/unha estudiante san/sa, un/unha mellor estudiante polo alumnado de C1 de inglés.

Esperámosvos os mércores 9 de maio ás 19:30 no salón de actos da Escola!

luns, 23 de abril de 2018

PREMIADOS EXPOSICIÓN O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS"

Despois de percorrer a exposición e contestar ás preguntas, xa temos aos gañadores/as do concurso. Parabéns e grazas a todos por ter participado

martes, 10 de abril de 2018

RESOLUCIÓN DO IX CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO EOI DE PONTEVEDRA

O xurado do IX Certame de Microrrelato en Galego EOI de Pontevedra resolveu conceder os seguintes premios:

1º premio de vale de 200 € ao relato "Quince gotas" de Beatriz Sola Ananín.
2º premio de vale de 150 € ao relato "Bágoas de San Lourenzo" de Eduardo Campos Coello
3º premio de vale de 100 € ao relato " A danza dos vagalumes" de Lourdes Justo Adán

A entrega de premios terá lugar o mércores 9 de maio ás 19:30 no Salón de Actos da EOI de Pontevedra nun acto conxunto no que homenaxearemos a Mª Victoria Moreno e agradeceremos a colaboración dos voluntarios da biblioteca.

Grazas a todos por terdes participado e parabéns ao gañadores!!

mércores, 4 de abril de 2018

CAMIÑADA CON MARÍA VICTORIA MORENO

O vindeiro venres 6 de abril o Concello de Pontevedra presentará a Camiñada con María Victoria Moreno, un percorrido creado por Fina Casalderrey e Ana Acuña que nos levará polos espazos vitais e creativos de María Victoria.
Para estrear esta nova camiñada que unirá lingua e cidade, o venres farese o percorrido guiado, de maneira excepcional, por Fina Casalderrey e por Roberto Rivas.

Se queres participar na estrea do percorrido podes anotarte no teléfono 986804300, extensión 7107, ou enviando un correo  normalizacionlinguistica@pontevedra.eu  indicando o teu nome completo, o número de persoas que vos anotades e un teléfono de contacto.

A camiñada pola cidade comezará ás 19.30 horas; sairemos desde a ponte da avenida de Vigo sobre a rúa Eduardo Pondal.

Se queres participar bule a anotarte, porque as prazas son limitadas

xoves, 15 de marzo de 2018

DÁLLE Á LINGUA!


O alumnado de inglés Dálle á lingua no programa de Onda Cero Pontevedra.

Falaron dos hábitos saudables na Escola tras facer un laborioso traballo de investigación onde se informaron na prensa, entrevistaron a compañeiros/as doutras clases e sacaron as súas conclusións.

As gravacións emitíronse no programa matinal de Onda Cero Pontevedra dende o luns 16 de abril ata o venres 20.
Pero xa están a vosa disposición neste podcast

Parabéns polo voso traballo!

IX CERTAME DE MICRORRELATO "EOI DE PONTEVEDRA"



As palabras seleccionadas para  o relato foron: TEIMUDO, VAGALUME, VELENO.
Proximamente publicaremos o nome dos/as gañadores/as.
Grazas a todos/as por terdes participado. 


mércores, 14 de marzo de 2018

CERTAME ARI[T]MAR. VOTADE A VOSA CANCIÓN PREFERIDA!

Por segundo ano, colaboramos coa EOI de Santiago de Compostela nesta iniciativa que procura dar a coñecer a música e poesia galega e portuguesa e estreitar os lazos que nos unen.

Escoitade as músicas escollidas para este ano, na sua versión completa ou nun video que presenta anacos de cada unha delas. De seguido, votade as tres favoritas.


ATENCIÓN! As votacións son anónimas, pero para garantir que só haxa un voto por persoa, ao acceder aos formularios de votacións pídese un e-mail e contrasinal. Porén, estes datos non quedarán rexistrados.

luns, 5 de marzo de 2018

IX CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO " EOI de Pontevedra"


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, convoca o IX Certame de Microrrelato en Galego “EOI de Pontevedra”.


DATA: martes 13 de marzo de 2018 ás 19:30h (duración: 2 horas)
LUGAR: salón de actos da EOI de Pontevedra e, simultaneamente, nas sección do Valle Inclán, A Estrada e Lalín.
RELATOS: as persoas participantes deberán crear un texto literario de 150 palabras como máximo “in situ”, durante 2 h, a partir da “inspiración” que lles suxiran 3 palabras escollidas no momento de comezar a proba.
PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen (sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra).
PREMIOS:
1º premio: vale de 200€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
2º premio: vale de 150 € para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
3º premio: vale de 100€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar dous accésits de 50€ cada un.


BASES DO CONCURSO

martes, 27 de febreiro de 2018

CONCURSO " O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS"

Visita a exposición, completa o cuestionario e consegue grandes premios!!
Podes deixar as túas respostas na conserxería da Escola ou enviar un mail a: edlg.eoipontevedra@gmail.com
AQUÍ TEDES O CUESTIONARIO

Boa  sorte!

martes, 20 de febreiro de 2018

EXPOSICIÓN : O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS


O galego tamén noutros mundos consta de trece paneis nos que se mostra a universalidade da nosa lingua e o seu carácter aberto e internacional, que nos comunicou e nos comunica con outra xente e nos fai estar presentes noutras terras.
A exposición incide na relación entre a nosa existencia e a nosa identidade; unha identidade propia que queremos mostrar e compartir con outras culturas e con outros pobos para relacionarnos en igualdade.
Visita a exposición nos dous pisos da nosa escola!

venres, 9 de febreiro de 2018

BO ENTROIDO A TODOS E TODAS!

 O pasado mércores celebramos o Entroido na nosa Escola. Houbo un pouco de todo, pero sobre todo troula e moita parola en galego!

venres, 19 de xaneiro de 2018

LINGUA DE NAMORAR

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Máis información