martes, 6 de outubro de 2015

CÁNTAMO EN GALEGO



Coñeces a música que se está facendo no noso país en galego? 
Podes atopar de todo un pouco jazz, blues, rock,.... Para que te vaias afacendo invitámoste a escoitar o programa de Onda Cero: Cántamo en galego!. A próxima semana entrevisa a Uxía e Narf, que veñen de presentar o seu primeiro disco conxunto: "Baladas da Galiza imaxinaria" e encontro no local de música de Pontevedra.

  
O proxecto de Uxía e Narf naceu do talento e da sensibilidade destes artistas que comezaron a colaborar ao cantar xuntos por primeira vez nunha xira por Chile, Arxentina e Uruguai. Foi entón cando descubriron que os seus xeitos de facer música, tan diferentes, harmonizaban na sinxeleza, no gusto pola experimentación e no espírito inquedo e viaxeiro.

Foi así como recrearon, man á man, algunhas das cancións fundamentais dos seus respectivos repertorios e outras novas que agora ven a luz nas ‘Baladas da Galiza imaxinaria’.
Aquí tedes unha mostra:  https://www.youtube.com/watch?v=kSlYx_dkVGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario