mércores, 20 de maio de 2020

YOUTUBEIROS


O programa  Youtubeir@s ten como obxectivo promover e visibilizar o uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado dixital, Youtube, con vídeos de diversos temas e canles. Este proxecto busca fomentar a creatividade con temas propios e xerar referentes en galego na comunidade youtubeira, un colectivo con gran repercusión e impacto social.
 
Neste proxecto traballan conxutamente os concellos de Pontevedra, A Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago e Vigo.

A partir do 27 de maio xa podedes comezar a presentar os vosos proxectos. Mentres, podedes ir aproveitando para artellar e publicar xa os vosos vídeos youtubeiros. Animádevos! 
Consulta aquí as bases do concurso
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario