Un ano máis, a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela abre o prazo das votacións en liña para elixir a mellor canción galega e portuguesa de 2020. Logo dunha primeira fase na que o xurado seleccionou os dez mellores temas en galego e os dez mellores temas en portugués, xa coñecemos as músicas e artistas nomeados nesta edición.
As persoas que se queiran sumar a esta iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade poden votar
a través do web do certame ata o
día 20 de marzo. Todas elas participarán posteriormente no sorteo dun lote de libros e cedés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario