domingo, 21 de marzo de 2021

XI CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO

Tras a cancelación sufrida o ano pasado por mor da Covid-19 este ano volta o noso certame de microrrelato con máis forza.

Nesta edición temos unha estupenda novidade: sentímonos moi afortunados porque a escritora Ledicia Costas, a xornalista Susana Pedreira e o poeta e contador de historias Lois Pérez colaboran connosco propoñendo cada un unha palabra que debedes incluír nos vosos relatos. Compárteo con todo o mundo e anímate a participar! Esperámoste o xoves 15 de abril ás 19:30.


Consulta  as bases do concurso

Ningún comentario:

Publicar un comentario