Xa de volta ás aulas, parece que o entroido queda lonxe. Porén, en Pontevedra aínda quedan grandes eventos antes de dicirlle adeus por este ano, entre eles a queima do Ravachol o sábado 5 de marzo ás 20:00.
Podes consultar o programa do Concello de Pontevedra nesta ligazón.
Destacamos polo seu interese cultural ás Xornadas sobre o Entroido de Galiza que terán lugar o venres 11 e o sábado 12 de marzo na Igrexa de Santa Clara. Así mesmo, tamén podedes visitar a exposición 'Un Percorrido polo Entroido de Pontevedra (1985-2020)' que estará no Paseo Antonio Odriozola ata o sábado 5 de marzo.
Despois, si, tocará agardar ata o ano que vén!
Ningún comentario:
Publicar un comentario