Este ano os encargados de escoller as palabras que teredes que usar nos vosos microrrelatos van ser deportistas galegos.
Para ir abrindo boca, hoxe presentámosvos a Marta Domínguez, que será a encargada de escoller a primeira palabra. Esta viguesa ten xa unha impresionante traxectoria no mundo do squash e de seguro están por vir moitos éxitos máis. Cal será a palabra elixida por Marta? Polo momento, toca agardar.
Desgraciadamente as instalacións onde adestra Marta en Pontevedra atópanse neste momento pechadas. Animávosmos a que firmedes a seguinte petición para darlle visibilidade a esta situación, que tamén lle afecta a moitas outras persoas da nosa cidade, e así poder axudarlle a poder volver adestrar en boas condicións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario