venres, 13 de maio de 2022

INTERCAMBIOS VIRTUAIS COA UNIVERSIDADE DE OXFORD E MÁIS NOVAS

Os alumnos de inglés dos niveis altos tiveron a oportunidade de participar en intercambios virtuais de lingua con alumnos de galego da Universidade de Oxford. Mantivéronse dous encontros este mes e tamén aproveitamos para intercambiar datos de contacto para que poidan seguir practicando máis adiante.

Os intercambios foron proveitosos para ambos bandos e o noso alumnado quedou abraiado co nivel dos estudantes de Oxford e o seu entusiasmo pola nosa lingua. Coñecemos a Lucía, a súa profesora de galego, á que lle agradecemos a colaboración e aos seus estudantes: Cliona, Laura, Kate, Nathan e Nick, Se queredes saber máis do que fan por Oxford, recomendámosvos que sigades a súa conta de Instagram, @vaodoboi.



Para aqueles ao que vos gusta a poesía, non perdades a ocasión de votar polas mellores poesías en galego e portugués seguindo esta ligazón.

Por último, unha mención ao boxeador Aarón González, que este ano colaborou connosco elixindo unha das palabras para o XII Certame de Microrrelato. Pois ben, hoxe estréase Devolvendo o golpe, un documental sobre a súa historia de superación. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario