venres, 10 de xuño de 2022

GAÑADORES DO CONCURSO 'COÑECE A FIGURA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN'

Co gallo do Día das Letras Galegas e aproveitando os materiais que nos chegaron desde a Consellería, creamos un cuestionario para pór a proba o coñecemento do noso alumano, pero sobre todo para que aprenderan máis sobre a figura de Florencio, autor homenaxeado este ano, e se quedaran con aspectos clave a da súa obra e vida.

Os gañadores foron Alexandre Abilleira López, primeiro premio, e Beatriz Felpeto Rodríguez, segundo premio, ambos os dous estudantes de inglés. Noraboa! Agora tócavos prensar nas lecturas que ides comprar co voso vale.
 
     

Moitas grazas a todos aqueles/as que participastes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario