xoves, 23 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe celebramos o Día de Rosalía, aproveitando que se cumpren 187 anos do seu nacemento.

O Concello de Pontevedra convídavos a participar nos actos que ten previstos para esta tarde, entre eles un obradoiro musicado e un recital poético con algo de astronomía.

venres, 17 de febreiro de 2023

GALICIA VIVE O ENTROIDO

Xa viches a exposición que temos actualmente na Escola?

Nela atoparás información sobre diversas celebracións do entroido en Galicia.

Ademais, se fas o cuestionario que podes atopar accedendo a través do código QR ou desta ligazón, poderás gañar un agasallo. Tes ata o 3 de marzo!

Agradecémoslle ao CPI O Toural que no la emprestaran.





Pontevedra tamén vive o Entroido e podedes consultar o programa das actividades organizadas polo concello nesta ligazón


venres, 10 de febreiro de 2023

DIVULGACIÓN CIENTÍFICA EN GALEGO E MÁIS

Estamos ás portas dunha fin de semana cargadiña de actividades culturais.

Para comezar, mañá 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para celebralo, o Concello de Pontevedra propón unhas xornadas de divulgación científica baixo o título "A Foto 51. Historias de Ciencia", que xa comeza hoxe. Podedes ver o programa na seguinte ligazón:

A Foto 51. Historias de Ciencia

O día forte é mañá e ademais de charlas no Teatro Principal (entrada de balde ata completar a cabida), tamén haberá obradoiros para os cativos e uns roteiros para dar a coñecer a pegada de mulleres científicas en Pontevedra. Podes consultar as datas e reservar a túa praza aquí.

Es máis de teatro? Pois tamén te onde escoller.

Para conmemorar os 40 anos da Aula Castelao de Filosofía, da man da compañía pontevedresa Avelaíña Teatro, chega A Liorta. A función será hoxe, 10 de febreiro ás 20:30 no Teatro Principal con entrada libre e gratuíta. A trama xira entorno a un debate entre Voltaire e Rousseau, dúas das figuras máis destacadas da Ilustración.

Tamén hoxe, ás 20:00, o grupo de teatro senior da UNED porá en escea A Consulta do Doutor, unha versión libre da obra de Fina Casalderrey. Será no paraninfo do IES Sánchez Cantón (entrada 3€).