Estamos ás portas dunha fin de semana cargadiña de actividades culturais.
Para comezar, mañá 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Para celebralo, o Concello de Pontevedra propón unhas xornadas de divulgación científica baixo o título "A Foto 51. Historias de Ciencia", que xa comeza hoxe. Podedes ver o programa na seguinte ligazón:
A Foto 51. Historias de Ciencia
O día forte é mañá e ademais de charlas no Teatro Principal (entrada de balde ata completar a cabida), tamén haberá obradoiros para os cativos e uns roteiros para dar a coñecer a pegada de mulleres científicas en Pontevedra. Podes consultar as datas e reservar a túa praza aquí.
Es máis de teatro? Pois tamén te onde escoller.
Para conmemorar os 40 anos da Aula Castelao de Filosofía, da man da compañía pontevedresa Avelaíña Teatro, chega A Liorta. A función será hoxe, 10 de febreiro ás 20:30 no Teatro Principal con entrada libre e gratuíta. A trama xira entorno a un debate entre Voltaire e Rousseau, dúas das figuras máis destacadas da Ilustración.
Tamén hoxe, ás 20:00, o grupo de teatro senior da UNED porá en escea A Consulta do Doutor, unha versión libre da obra de Fina Casalderrey. Será no paraninfo do IES Sánchez Cantón (entrada 3€).
Ningún comentario:
Publicar un comentario