Aínda estades a tempo de agasallar ‘en galego’. No Catálogo de Nadal 2022 'Abertos ao Galego'. Nel atoparedes libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, roupa, complementos, experiencias, alimentos... un pouco de todo. Este catálogo forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o compromiso coa normalización do galego en empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole.
Se estás buscando o regalo
literario perfecto, temos boas novas. Os barrios de Pontevedra convértense en
protagonistas de cinco novelas que se acaban de publicar ao abeiro da
iniciativa Historias
para coñecermos Pontevedra, impulsada por Diario de Pontevedra e a editorial
Elvira. Mirarás a nosa vila con outros ollos!
Neste Nadal tamén tamén poderás
gozar dunha ampla oferta cultural:
- No Museo de Pontevedra, ata o 15 de xaneiro, poderás
visitar ‘Sombras
Atlánticas. Retratos da Arte Galega’, un proxecto de Anxo Cabada que
reúne retratos en branco e negro de 34 artistas de distintas xeracións,
modalidades artísticas e territorios, todos e todas con nacemento ou residencia
en Galicia. O xoves 29 de decembro as 18:00 está prevista unha visita guiada polo
artista.
- Tamén no Museo de Pontevedra, ata ata o 5 de
febreiro de 2023, poderás visitar ‘Eloxio do Silencio’,
unha exposición do arquitecto ponteareán Silverio Rivas, que presenta unha revisión
da súa obras desde os seus inicios na abstracción ata a actualidade.
- Na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura pódese
visitar ‘Pontevedra.
A Cidade é a Pegada’, unha exposición na que conviven imaxes da
Pontevedra pasada, presente e futura, que os seus responsables definen como un “poema
visual”. Estará dispoñible ata o 22 de marzo.
- Hoxe venres a partir das 20:00 actuarán no auditorio do Pazo da Cultura a agrupación Coral Polifónica de Salcedo e a Banda de Música de Salcedo. Este evento, xa unha tradición da véspera de Noiteboa, é promovido pola Asociación Músico-Cultural San Martiño. Entrada de balde ata completar a capacidade.
Non esquezas botarlle un ollo a ‘Tempo de Nadal’, o programa de actividades do Concello.
Por último, propoñémosvos ‘A Parroquia para sempre’ para coñecer a vida dunha parroquia do interior de Galicia a través dunha escolma de 40 fotografías. Jesús Faílde Oro retratou os seus veciños da aldea de Friúfe en Agolada entre os traballos do campo e as celebracións da estación entre o 1950 e o 1960. O se traballo estará exposto no Auditorio de Lalín ata o 15 de xaneiro. Tamén é posible visitar esta exposición en liña.
Agardamos que algunha destas propostas se convertan nun bo plan para vós nestas datas.
Boas Festas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario