martes, 14 de maio de 2024

MISIÓN LUÍSA VILLALTA

O Día das Letras Galegas está á volta da esquina e o noso alumnado ten unha misión. Ata o 24 de maio, podedes participar no noso reto para aprender máis sobre a figura de Luísa Villalta nas súas diferentes dimensións: formación, música, poesía, prosa, ensaio, etc. Animádevos a participar!


Destacamos tamén o concerto Negra Sombra entre os actos de celebración, que terá lugar o día 16 de maio no Teatro Principal de Pontevedra.


Así mesmo, o Concello de Pontevedra promove a "Festa da Lingua", con actividades previstas para o 17 e o 18 de maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario