xoves, 19 de novembro de 2026

O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS. BASES DE PARTICIPACIÓN

 

O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS

Bases de participación

1. A exposición

«O galego tamén noutros mundos» consta de trece paneis nos que se mostra a universalidade da nosa lingua e o seu carácter aberto e internacional, que nos comunicou e nos comunica con outra xente e nos fai estar presentes noutras terras.

A exposición está instalada nos dous andares da EOI Pontevedra.

2. Participación no cuestionario

Para participar, escanea o código QR que aparece no cartel da actividade. Accederás a un cuestionario de 20 preguntas:

  • 10 preguntas directas, unha por cada un dos dez paneis seleccionados.

  • 10 preguntas adicionais, ás que poderás responder consultando os códigos QR correspondentes nos paneis.

As preguntas aparecerán agrupadas por paneis: primeiro a pregunta directa e, a continuación, a pregunta que require consultar o QR dese panel.

3. Participación no Recuncho das Fotos

O Recuncho das Fotos estará situado na entrada da biblioteca da EOI Pontevedra.

Visítao, tira unha autofoto ou unha foto en grupo (sostendo o cartel) e envía ao enderezo electrónico edlg@eoipontevedra.org tantas fotografías como desexes.


       

Lembra que ao enviar as fotografías, aceptas que se publiquen nas redes sociais da Escola.

4. Prazo de participación

Poderás participar no cuestionario e enviar as túas fotografías desde o 18 ata o 30 de novembro de 2026, ambos os dous días incluídos.

5. Premios

Entregaranse tres vales de 30 euros para gastar en librarías:

  • Dous vales de 30 euros para as persoas gañadoras do cuestionario.

  • Un vale de 30 euros para a persoa gañadora do concurso de fotografías.

6. Sorteo e publicación dos resultados

O sorteo dos tres vales realizarase en decembro do 2026. As persoas gañadoras daranse a coñecer tamén durante ese mes.

7. Organización

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) da EOI Pontevedra.

CO GALEGO... ONDE QUEIRAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario