O xurado do VIII Certame de Microrrelato en Galego EOI de Pontevedra resolveu conceder os seguintes premios:
1º premio de vale de 200 € ao relato "A muller de pedra" de Alicia Rodríguez Massó
2º premio de vale de 150 € ao relato "Trece" de Leopoldo Cañizo Durán
3º premio de vale de 100 € ao relato " Soidade...?" de Emma Álvarez Conde
A entrega de premios terá lugar o mércores 10 de maio ás 19:30 no Salón de Actos da EOI de Pontevedra nun acto conxunto no que homenaxearemos a Carlos Casares e agradeceremos a colaboración dos voluntarios da biblioteca.
Grazas a todos por terdes participado e parabéns ao gañadores!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario