luns, 5 de marzo de 2018

IX CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO " EOI de Pontevedra"


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, convoca o IX Certame de Microrrelato en Galego “EOI de Pontevedra”.


DATA: martes 13 de marzo de 2018 ás 19:30h (duración: 2 horas)
LUGAR: salón de actos da EOI de Pontevedra e, simultaneamente, nas sección do Valle Inclán, A Estrada e Lalín.
RELATOS: as persoas participantes deberán crear un texto literario de 150 palabras como máximo “in situ”, durante 2 h, a partir da “inspiración” que lles suxiran 3 palabras escollidas no momento de comezar a proba.
PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen (sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra).
PREMIOS:
1º premio: vale de 200€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
2º premio: vale de 150 € para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
3º premio: vale de 100€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar dous accésits de 50€ cada un.


BASES DO CONCURSO

2 comentarios:

  1. E necesario ser maior de ida de ou pòdense presentar estudiantes de calquera curso?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non é necesario. Pódese presentar calquera estudante.
      Graciñas.

      Eliminar