xoves, 15 de marzo de 2018

DÁLLE Á LINGUA!


O alumnado de inglés Dálle á lingua no programa de Onda Cero Pontevedra.

Falaron dos hábitos saudables na Escola tras facer un laborioso traballo de investigación onde se informaron na prensa, entrevistaron a compañeiros/as doutras clases e sacaron as súas conclusións.

As gravacións emitíronse no programa matinal de Onda Cero Pontevedra dende o luns 16 de abril ata o venres 20.
Pero xa están a vosa disposición neste podcast

Parabéns polo voso traballo!

IX CERTAME DE MICRORRELATO "EOI DE PONTEVEDRA"



As palabras seleccionadas para  o relato foron: TEIMUDO, VAGALUME, VELENO.
Proximamente publicaremos o nome dos/as gañadores/as.
Grazas a todos/as por terdes participado. 


mércores, 14 de marzo de 2018

CERTAME ARI[T]MAR. VOTADE A VOSA CANCIÓN PREFERIDA!

Por segundo ano, colaboramos coa EOI de Santiago de Compostela nesta iniciativa que procura dar a coñecer a música e poesia galega e portuguesa e estreitar os lazos que nos unen.

Escoitade as músicas escollidas para este ano, na sua versión completa ou nun video que presenta anacos de cada unha delas. De seguido, votade as tres favoritas.


ATENCIÓN! As votacións son anónimas, pero para garantir que só haxa un voto por persoa, ao acceder aos formularios de votacións pídese un e-mail e contrasinal. Porén, estes datos non quedarán rexistrados.

luns, 5 de marzo de 2018

IX CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO " EOI de Pontevedra"


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, convoca o IX Certame de Microrrelato en Galego “EOI de Pontevedra”.


DATA: martes 13 de marzo de 2018 ás 19:30h (duración: 2 horas)
LUGAR: salón de actos da EOI de Pontevedra e, simultaneamente, nas sección do Valle Inclán, A Estrada e Lalín.
RELATOS: as persoas participantes deberán crear un texto literario de 150 palabras como máximo “in situ”, durante 2 h, a partir da “inspiración” que lles suxiran 3 palabras escollidas no momento de comezar a proba.
PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen (sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra).
PREMIOS:
1º premio: vale de 200€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
2º premio: vale de 150 € para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
3º premio: vale de 100€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar dous accésits de 50€ cada un.


BASES DO CONCURSO