martes, 3 de decembro de 2019

VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN: "GALAICOS: UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS"

Esta interesantísima exposición pretende amosar como o noroeste da Península Ibérica–a actual Galicia–, a catro días de navegación de Cádiz e de Cardiff, se converteu a finais da Idade do Bronce nun territorio de confluencia cultural entre o mundo atlántico e o mediterráneo. A través dun selecto elenco de obxectos arqueolóxicos procedentes de diferentes museos de Galicia e de Asturias, ilustracións de gran calidade e impactantes fotografías, as persoas que visiten a mostra gozarán dun percorrido pola evolución que se produce en Galicia durante un longo período de 2000 anos, desde os momentos finais da Prehistoria ata a Antigüidade Tardía.  
As prazas son limitadas e serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición. Para anotarse cómpre dirixirse ao Departamento de Galego a través do enderezo electrónico seguinte: galego.eoipontevedra@gmail.com indicando o nome e os apelidos ou inscribirse na listaxe que hai na conserxaría. Data límite para a realizar inscrición:venres 6 de decembro ás 20.00 h

Ningún comentario:

Publicar un comentario