mércores, 8 de xuño de 2022

GAÑADORES DO XII CERTAME DE MICRORRELATO

Este ano no Certame de Microrrelato que a Escola organiza en colaboración co Concello de Pontevedra, os/as participantes tiñan que incluír as palabras 'esforzo', 'loita' e 'constancia', escollidas por 3 exitosos deportistas galegos: Marta Domínguez, Aarón González e Óscar Graña.

Tras a deliberación do xurado, acordouse outorgar un segundo e un terceiro premios.

Dámoslle a noraboa ao gañador do segundo premio, Jacobo Lusquiños Otero, estudante de galego, polo seu relato 'A miñoca':

O terceiro premio recaeu en Mª Jesús Enguídanos Floreani, alumna de italiano, autora de 'Soños':


Como vén sendo tradición, o curso que vén editaremos unha publicación cos relatos que participaron este ano e os do curso que vén.

De seguro Mª Jesús e Jacobo van ter un verán cheo de lecturas emocionantes grazas ao vale que lles entregamos.

De novo, agradecémoslle ao Concello de Pontevedra que faga posible a organización deste certame.

Ningún comentario:

Publicar un comentario