martes, 16 de abril de 2024

XIV CERTAME DE MICRORRELATO

É o momento de descubrir os vosos superpoderes, eses que levades todo o ano ocultando. Convocamos un curso máis o Certame de microrrelato en galego en colaboración co Concello de Pontevedra.

Será o vindeiro xoves, 25 de abril na aula 16 da central ás 17:30 e está aberto a todo o público. Tamén terá lugar nas seccións. Consulta as bases na seguinte ligazón para coñecer todos os detalles.

Este ano temos uns convidad@s moi especiais para escoller as 3 palabras que serán de uso obrigado nos vosos relatos e que só coñeceredes o mesmo día do certame. A cousa vai sobre banda deseñada, lembrade, así que por aí van os tiros...

Estade atentos ás nosas redes, que pouco a pouco iremos desvelando quen son.

Podes buscar inspiración tamén nos relatos gañadores dos dous últimos anos, que podes atopar aquí.

Por outra banda, tamén vos animamos a visitar a mostra Fina Casalderrey: medrando entre historias, escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel. Esta iniciativa de GÁLIX e o Concello de Pontevedra está composta por 20 paneis que narran o percurso vital e literario de Fina Casalderrey. A exposición, que se colocará na Praza da Ferraría, inaugurarase o vindeiro 18 de abril, nun acto que comezará ás 12 da mañá e no que estará presente a autora. Poderá visitarse ata o 18 de maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario