xoves, 19 de febreiro de 2026

Bases do Certame de microrrelatos

 



XVI CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO “EOI DE PONTEVEDRA”

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Pontevedra, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, convoca o XVI Certame de Microrrelato en Galego “EOI de Pontevedra”.

A finalidade deste concurso é fomentar a creación literaria máis pura e inmediata na nosa lingua e dar a coñecer o enxeño e mais o talento de persoas que, se cadra, aínda non publicaron ningunha obra, mais que posúen grandes dotes narrativos.

BASES DO CERTAME:

1. Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de 14 anos que o desexen, sexan ou non alumnado da Escola.

2. O Certame terá carácter presencial e realizarase nas dependencias da EOI de Pontevedra e nas seccións de Lalín e Valle-Inclán.

3. O traballo consistirá na redacción dun microrrelato en galego non superior a 150 palabras, sen contar o título.

No microrrelato deberanse empregar obrigatoriamente tres palabras que se comunicarán no momento de empezar.

Un sistema de plicas garantirá o anonimato dos relatos.

4. LUGAR E DATAS DO CERTAME: xoves 12 de marzo de 2026 ás 17:30 horas na  aula 19 da EOI de Pontevedra. Tamén se celebrará nas seguintes seccións:

 • Lalín: no IES Ramón Mª Aller Ulloa ás 17:30                     

 • Valle-Inclán: no IES Valle-Inclán ás 17:30

 5. Poderase contactar coa organización das diferentes sedes a través dos seguintes enderezos electrónicos

• EOI de Pontevedra (central): edlg@eoipontevedra.org

• Sección de Lalín: lalin.eoipontevedra@gmail.com

• Sección do Valle-Inclán: valle.eoipontevedra@gmail.com

6. A duración será dun máximo de 110 minutos.

7. Co obxectivo de permitir a presenza do máximo número de alumnado, a participación neste non será contada como falta de asistencia polo profesorado da EOI.

8. Un xurado composto por profesores da EOI e membros do EDLG, escollerá un 1º, 2º e 3º premio. Se o xurado o considera oportuno concederanse ata dous accésits.

 9. Os microrrelatos premiados poderán ser publicados, polo que os autores aceptan ceder os seus dereitos á EOI de Pontevedra e ao Concello de Pontevedra.  

10. Os premios consistirán en:

        1º premio: vale de 200€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego

        2º premio: vale de 150 € para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego

        3º premio: vale de 100€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego

Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar ata dous accésits de 50€ cada un.

11. O anuncio do veredicto do xurado realizarase a través das redes da escola, ou se é o caso, nunha gala a celebrar no mes de maio na EOI de Pontevedra.

12. Os premios poderán quedar desertos se non se acada unha calidade mínima. As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables en todos os casos.

13. As persoas gañadoras permitirán que se corrixan os posibles erros gramaticais e léxicos dos seus microrrelatos co fin de publicalos.

 14. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

Ningún comentario:

Publicar un comentario