Hoxe mércores 27 de outubro ás 20:30 terá lugar no Auditorio de Galicia de Santiago a gala aRi[t]mar.
Este proxecto didáctico-cultural celebra a súa sexta edición este ano e ten por obxecto divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais e achegar ambas linguas e culturas.
Podedes seguir a gala a distancia a través das contas de Facebook, Twitter e Instagram de 'aRitmar galiza e portugal' e tamén será subida a Youtube no futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario