venres, 5 de novembro de 2021

CAMIÑADA CON MARÍA VICTORIA MORENO



O vindeiro 25 de novembro temos unha cita con María Victoria Moreno, escritora polifacética á que se lle dedicou o Día das Letras Galegas no 2018 polo seu compromiso coa nosa lingua. Aínda que naceu en Extremadura, Pontevedra foi a cidade na que pasou a meirande parte da súa vida, máis de 40 anos. 

Da man do Concello de Pontevedra, faremos un percorrido polos lugares que estiveron vencellados á traxectoria vital da escritora, que será tamén unha pequena viaxe no tempo para entender como era e evolucionou a Pontevedra da segunda metade do século XX.

Non deixes pasar a ocasión! É preciso que reserves a túa praza mandando un correo a: edlg.eoipontevedra@gmail.com (ata o 15 de novembro). Tamén podedes traer acompañantes, pero non esquezades mencionar con cantas persoas vides no correo.

Vémonos o 25 de novembro ás 18:00 diante da Cafetería Orly!

Ningún comentario:

Publicar un comentario