Unha vez comprobadas as respostas do alumnado que realizou o cuestionario do entroido, fíxose un sorteo entre os/as acertantes.
Resultou gañador o alumno de B2 de galego Juan Manuel Regueira Filgueira. Sorprendémolo na súa aula cos agasallos que lle tiñamos preparados: un vale de 20€ para unha librería locar e uns amendoados de Allariz. Polo que sabemos é un gran lector, así que seguro que xa ten en mente unha nova lectura. Noraboa, Juan Manuel!
Ningún comentario:
Publicar un comentario