Onte tivemos a sorte de contar coa visita de Montse Fajardo, quen nos achegou á realidade das mulleres durante a época franquista e compartíu connosco historias conmovedoras á vez que emocionantes que non merecen ser esquecidas. Grazas por axudarnos a facer memoria e darlle voz e estas mulleres represaliadas.
Se non puidestes estar, aquí podedes escoitar un pequeno fragmento do seu relatorio.
Moitas grazas, Montse, e noraboa polo teu traballo de investigación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario