O vindeiro venres 6 de abril o Concello de Pontevedra presentará a Camiñada con María Victoria Moreno, un percorrido creado por Fina Casalderrey e Ana Acuña que nos levará polos espazos vitais e creativos de María Victoria.
Para estrear esta nova camiñada que unirá lingua e cidade, o venres farese o percorrido guiado, de maneira excepcional, por Fina Casalderrey e por Roberto Rivas.
Se queres participar na estrea do percorrido podes anotarte no teléfono 986804300, extensión 7107, ou enviando un correo normalizacionlinguistica@pontevedra.eu indicando o teu nome completo, o número de persoas que vos anotades e un teléfono de contacto.
A camiñada pola cidade comezará ás 19.30 horas; sairemos desde a ponte da avenida de Vigo sobre a rúa Eduardo Pondal.
Se queres participar bule a anotarte, porque as prazas son limitadas
Ningún comentario:
Publicar un comentario