O xurado do IX Certame de Microrrelato en Galego EOI de Pontevedra resolveu conceder os seguintes premios:
1º premio de vale de 200 € ao relato "Quince gotas" de Beatriz Sola Ananín.
2º premio de vale de 150 € ao relato "Bágoas de San Lourenzo" de Eduardo Campos Coello
3º premio de vale de 100 € ao relato " A danza dos vagalumes" de Lourdes Justo Adán
A entrega de premios terá lugar o mércores 9 de maio ás 19:30 no Salón de Actos da EOI de Pontevedra nun acto conxunto no que homenaxearemos a Mª Victoria Moreno e agradeceremos a colaboración dos voluntarios da biblioteca.
Grazas a todos por terdes participado e parabéns ao gañadores!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario