martes, 14 de decembro de 2021

Neste Nadal, agasalla en galego!

 Aínda non tes idea do que lle vas regalar aos teus amigos e familia?

Non será por falta de ideas, e ademais, regalar en galego nunca foi tan doado.

Para comezar, propoñémosche algúns libros recentes. Se premes enriba de cada un deles, poderás ler unha sinopse para facerte unha idea. Hainos para todos os gustos: cociña, historia, poesía, banda deseñada...

Incluso hai un que foi escrito por un profesor desta Escola. Es capaz de descubrir cal?

Para continuar, podes ver un catálogo do máis completo con outras posibles ideas de agasallos. Non tes escusa para non agasallar en galego!


Ningún comentario:

Publicar un comentario