martes, 1 de outubro de 2024

BENVIDA AO CURSO 24-25

Benvidos/as un curso máis á EOI de Pontevedra! O Equipo de Dinamización da Lingua Galega está desexoso de traervos actividades e eventos interesantes que poñan en valor a nosa lingua e de promover os intercambios lingüísticos e culturais. Podedes ver algunhas das actividades que levamos a cabo o curso pasado en entradas anteriores: masgosto e xogo tradicional galego, contos da Illa de Man, intercambio de postais coa Universidade de Oxford, etc.

A túa colaboración é importante, se queres formar parte do equipo, non dubides en mandarnos un correo para facérnolo saber. O noso enderezo é: edlg@eoipontevedra.org


A por un curso máis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario