venres, 4 de outubro de 2024

LIGA CEIBARIMAS

Compartimos a seguinte actividade do SNL do Concello de Pontevedra que pode ser do voso interese.

praza da Pedreira acollerá o sábado 12 de outubro ás 17 h a final da cuarta edición da Liga CeibaRimas, unha competición anual de rap improvisado en galego que ten entre os seus obxectivos a normalización e dinamización da lingua entre a mocidade a través dos espazos de improvisación oral, isto é, do freestyle ou rap improvisado. O proxecto CeibaRimas foi merecedor dun dos Premios Mil Primaveras no ano 2023.

A participación na liga é de balde e está aberta a todas as persoas maiores de 12 anos que teñan dispoñibilidade para participar no evento do día 12 de outubro (de 17 h a 23 h). As persoas menores de idade deberán achegarlle á organización unha autorización dun dos proxenitores ou titores legais.

formulario de inscrición estará aberto ata 24 horas antes de que comece o evento. Mais é posible tamén inscribirse in situ, antes do comezo do evento. Hai catro premios por un total de 800 euros, trofeos e lotes de produtos. Deixámosvos a ligazón ás bases completas.

Ademais da competición en si mesma, o evento contará nos entretempos coas actuacións de Flow do Toxo e Kid Mount, e con demostracións de novos talentos neste eido. 

Trátase da única competición de freestyle en galego, e convértese nun evento imprescindible para todas as persoas que queiran vivir unha experiencia única de cultura urbana galega. 

Podedes consultar toda a información no web de CeibaRimas.

Animádevos a participar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario